O Pozo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

A palabra pozo provén do latín PUTEU. Nomea calquera escavación fonda que se realiza no só para atopar auga. Tamén pode nomear un lugar profundo dun río. Nos predios labregos era unha obra habitual para asegurar a auga da casa. Mais a palabra pozo dá orixe a un topónimo cando está situado nun lugar referente para a veciñanza. En moitas ocasións o topónimo Pozo aparece asociado con outras palabras que fan referencia á persoa propietaria, ao uso que se fai del, ás súas características ou ao lugar en que se atopa: O Pozo da Chispa (Cesantes), Pozo do Muíño (Ames), Camín de Pozo Redondo (Navia de Suarna), Pozos do Rial (Allariz). En Redondela o topónimo Pozo está recollido nas parroquias de Cedeira, Quintela ou Reboreda. En Galicia foi recollido na maioría dos concellos do noso territorio, con máis de dous mil seiscentos topónimos. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.