Porto do Río



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

O topónimo Porto pode ter varios significados: por unha parte, nomea os lugares de atraque dos barcos; por outra parte, no interior, denomina os pasos de montaña entre distintas vertentes, ou lugares onde os camiños atravesan unha corrente de auga a través de pontes, vaos ou pasais. A palabra río, á parte de nomear a corrente de auga, nalgunhas zonas coma a nosa, tamén é sinónimo de lavadoiro, referido tanto ás construcións cubertas actuais, como ao lugar con lousas situadas na beira da corrente para lavar a roupa. Na zona onde se sitúa o topónimo Porto do Río temos a nacente de auga dos Barreiros, o regato que flúe deste manancial e o lavadoiro que hai a pouca distancia. Polo tanto, a palabra río pode referirse tanto ao regato que discorre desde o manancial coma ao lavadoiro. O porto viría a ser, entón, o lugar por onde se cruza neste lugar. No Foro de Pedro Lobelle a Bartolomé Rodríguez, de 1587, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.