Pío
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Un pío é unha pía grande xeralmente de pedra. Neste caso faría referencia á presenza dun recipiente deste tipo para conter auga no lugar ao que lle deu nome. Procede do latín PILU e, na súa evolución ao galego actual, perde o L intervocálico como lle sucedeu ás palabras máis antigas do noso idioma: muíño (latín MOLINU), vixiar (latín VIGILARE), moer (latín MOLERE) etc. Segundo outros autores, tamén podería referise a un nome propio de persoa que procedería do latín PIUM "piadoso", popularizado a partir da serie de papas da Igrexa que exerceron o seu pontificado con este nome. Para outros estudosos, pode designar lugares onde se lava a roupa nun regueiro ou nun sitio empozado. Por outra parte, tamén se lles chama píos aos recipientes ou lugares onde se poñían as peles en auga con cal ou cascas de piñeiro para darlles unha limpeza e desinfección antes do seu curtido. En Redondela temos tamén o topónimo Os Píos en Saxamonde.