O Pexegueiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O río Pexegueiro é o principal curso de auga que discorre pola parroquia de Cesantes. Descende desde O Viso e desemboca na marisma de Redondela, despois de percorrer 6 quilómetros. A palabra río procede do latín RIVU "río". A segunda parte do topónimo, Pexegueiro, vén da denominación da árbore froiteira, que ten a súa orixe no latín PERSICARIU, que deriva do nome da froita, pexego, que en latín era PERSICU "de Persia". O sufixo latino -ARIU, -ARIA derivou en galego en -eiro, -eira e aplicouse a moitos e variados conceptos do noso léxico, entre eles os nomes das árbores froiteiras a partir da denominación da froita: laranxeira, limoeiro. É habitual que os ríos reciban diferentes nomes ao longo da historia e ao longo do seu curso. En Zacande hai un camiño que vai a este río que se chama camiño do Río Grande. Augas abaixo, preto da súa desembocadura aparece en documentos dos séculos XVI e XVII co nome de río do Esteiro. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de mediados do século XVIII aparece mencionado con dous nomes: río Caudal e río Pexegueiro, referidos a distintas alturas do seu percorrido fluvial.