Petadas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Unha petada, aplicada á toponimia da paisaxe, aparece definida nos dicionarios históricos do galego, dende o século XIX, como unha mata de arbustos, plantas baixas etc., ou tamén como un terreo en pendente ou un camiño en costa. É unha palabra moi pouco frecuente no occidente de Galicia. En cambio, no oriente galego rexístranse por encima dos cen topónimos, maioritariamente para dar nome a terreos rústicos ou camiños costentos. Nos nosos arredores aparece rexistrado A Petada do Camiño Vello en Oia, que podería referirse a calquera dos dous significados sinalados, xa que denominan unas terras que se atopan en pendente por debaixo da aldea da Portela. Pola contra, tamén se recolle na Illa de Ons un lugar de cons mariños denominado A Petada para nomear unhas rochas onde "peta" o mar, polo tanto, neste caso sería un participio do verbo petar como bater. En Redondela recóllese este topónimo aplicado a unhas terras situadas por encima da praia Vella, subdivididas en Petadas de Arriba e Petadas de Abaixo, onde de novo temos a posibilidade de calquera dos dous significados: terreos con matas de arbustos ou terreos en pendente. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.