A Pedreira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo nomea lugares onde se realizaba algún tipo de traballo coa pedra, normalmente de extracción. Na maioría dos casos é sinónimo de canteira.
Pedreira é un derivado da palabra pedra ao que se lle engade o sufixo -eira.
A palabra pedra provén do latín petra, co mesmo significado.
O sufixo -eira procede do latín -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. Neste caso, fai referencia a lugares onde se atopa o elemento ao que se refire: leoneira, galiñeiro, estaleiro, canteira etc. A carón das variantes de pedra, tamén temos outros topónimos que teñen un significado semellante como son os derivados de pena (Peneda, Penide etc.) ou de laxe (Laxoso, Laxial, Laxeiro etc.).
Os topónimos que teñen a palabra pedra como base son moi abundantes en Galicia e adoptan numerosas variantes: Pedroso, Pedrosa, Pedrido, Pedrouzo, Pedregal, Pedrón etc. En Redondela podemos atopar: Eira Pedriña (Cedeira), A Pedreira (Cedeira, Saxamonde, Quintela), O Pedreiro (Quintela), Pedrancha (Saxamonde).
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.