Pedras do Castañal
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
A palabra pedra provén do latín petra, co este mesmo significado. Os topónimos aos que deu orixe coas súas múltiples variantes foi moi abundante por toda Galicia con varios milleiros de formas. Un castañal é un lugar poboado de castiñeiros. En galego tamén se denomina souto ou castiñeira. É un topónimo construído sobre a base castaña, do latín castanea, e o sufixo -ale, que lle engade un significado colectivo, como ocorre noutros topónimos como Toxal, Carrascal, Piñeiral, Carballal? A partir da palabra pedra, en Cesantes temos, por exemplo, Pedra Branca, Pedra Rubia, A Pedreira ou unha forma con terminación -al que indica colectivo ou abundancia: Pedrás, plural de pedral. A carón das variantes de pedra, tamén temos outros topónimos que teñen un significado semellante como son os derivados de pena (Peneda, Penide etc.) ou de laxe (Laxoso, Laxial, Laxeiro etc.). Tamén en Cesantes temos máis topónimos derivados da castaña como Castiñeiros, O Castañal ou a Fonte do Castiñeiro. No resto de Redondela tamén temos o topónimo Castañal en Cedeira, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde ou Vilar de Infesta. En Galicia están rexistradas preto de dúas mil formas toponímicas derivadas da palabra castaña.