A Pedra Rubia
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
A palabra pedra provén do latín petra, co este mesmo significado. Os topónimos aos que deu orixe coas súas múltiples variantes foron moi abundantes por toda Galicia, con varios milleiros de topónimos. Outras formas sinónimas de pedra que temos no noso idioma son pena, penedo ou rocha. O adxectivo Rubia que acompaña a palabra Pedra fai referencia á súa cor. A palabra rubio provén do latín rubeu 'avermellado', que en galego deu as palabras rubio e roibo, cor entre o castaño tirando a vermello e o amarelo tirando a vermello. Normalmente, os topónimos Pedra Rubia designan pedras cubertas de liques que lles outorgan unha color rubia ou entre amarelo e encarnado. No caso da Pedra Rubia, refírese a unha pedras desta cor que se atopan no areal de Cesantes, entre a Marina e o Loureiro. A partir da palabra pedra, en Cesantes temos outros topónimos como Pedras do Castañal, Pedra Branca, A Pedreira ou unha forma con terminación -al que indica colectivo ou abundancia: Pedrás, plural de pedral. No concello de Redondela podemos atopar en calquera das nosas parroquias topónimos relacionados coa palabra pedra. A carón das variantes de pedra, tamén temos outros topónimos que teñen un significado semellante como son os derivados de pena (Peneda, Penide?) ou de laxe (Laxoso, Laxial, Laxeiro etc.). En Galicia están rexistrados máis de vinte lugares coa denominación de Pedra Rubia ou Pena Rubia. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.