Pedra Branca
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Simón
DA PARROQUIA DE
Cesantes
A palabra pedra provén do latín petra, con este mesmo significado. Os topónimos aos que deu orixe coas súas múltiples variantes foron moi abundantes por toda Galicia, con varios milleiros de topónimos. Outras formas sinónimas de pedra que temos no noso idioma son pena, penedo ou rocha.
O adxectivo Branca que acompaña a palabra Pedra fai referencia á súa cor. Esta pedra atópase no mar, no lado norte da illa de San Simón e presenta esta característica. A palabra branco provén do xermánico blank 'brillante, branco', que ten a súa orixe na base léxica blinken 'brillar'. O xermanismo branco desprazou a palabra anterior latina albu, que conservamos en palabras como alba, albino, alborexar etc. A partir da palabra pedra, en Cesantes temos outros topónimos como Pedras do Castañal, Pedra Rubia, A Pedreira ou unha forma con terminación -al que indica colectivo ou abundancia: Pedrás, plural de pedral.
No concello de Redondela podemos atopar en calquera das nosas parroquias topónimos relacionados coa palabra pedra. A carón das variantes de pedra, tamén temos outros topónimos que teñen un significado semellante como son os derivados de pena (Peneda, Penide?) ou de laxe (Laxoso, Laxial, Laxeiro?).