O Nogueiral
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Un nogueiral é un lugar onde abundan as nogueiras. Este topónimo provén da palabra latina NUCARIA, que deriva da palabra NUCE "noz" á que se lle engadiu o sufixo -ARIU, -ARIA. No caso do topónimo Nogueiral temos unha dobre sufixación: as terminacións latinas -ARIA e -ALE, que dan en galego -eira e -al, respectivamente. A terminación en -eiro, -eira é un sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. Por poñer algúns exemplos, nas profesións ou actividades: barbeiro, peixeira, camioneiro, carreteiro etc. Tamén para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc. Así mesmo para denominar obxectos de uso: chaveiro, cinceiro, pulseira etc. Por outra parte, fai referencia a lugares onde se atopa algo: leoneira, galiñeiro, estaleiro, canteira etc. O sufixo -al proporciónalle á palabra un valor colectivo ou abundancial, como sucede en topónimos como Toxal, Herbal ou Piñeiral. Outro sufixo con valor colectivo ou abundancial é -edo, -ido, que vemos en Carballedo, Teixido, Figueirido etc. Na parroquia de Cedeira atopamos un lugar denominado Nogueiride, que ten o mesmo significado abundancial que Nogueiral.