O Matadeiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo dá nome ao lugar en que se atopaba o matadoiro de Redondela. Estaba situado onde hoxe se localiza o centro de saúde do concello. Foi construído en 1926 e estivo en funcionamento ata 1984. Foi pechado por non cumprir as medidas de hixiene básicas. A palabra matadeiro é unha castelanización da forma correcta en galego matadoiro. Este substantivo provén do verbo latín MATARE "matar", ao que se lle engade un sufixo -oiro que forma neste caso un substantivo a partir dunha base verbal (matar).