O Lombo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes

O topónimo Lombo e as súas variantes (Lomba, Lombeira, Lombiño etc.) é abundante nos nomes de lugar por toda Galicia, debido ás elevacións do terreo que existen por calquera recanto da nosa xeografía. A palabra lombo provén do latín LUMBU "cadril, parte inferior das costas, lombo" e nomea lugares onde hai unha elevación do terreo, xeralmente alongadas. A aplicación da palabra lombo a estas formas do terreo desenvolveuse a partir da semellanza coa forma redondeada que adquire lombo humano.