A Laxe



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Unha laxe designa habitualmente un grande penedo caracterizado pola súa superficie lisa.
A procedencia desta palabra está no latín galaico *lagena, que tería, á súa vez, unha orixe prerromana, seguramente céltica. Desta forma latina proceden tamén os termos equivalentes do portugués lage e do castelán laja, inda que a palabra castelá é un préstamo galego-portugués.
En Galicia é unha palabra abundante por todo o territorio, o que se entende pola natureza pedrosa da nosa paisaxe: Laxedo, Laxendo, Laxido, Laxosa, Laxoso, Laxielas, Laxiña, Laxás, Laxeiro etc.
En Redondela é tamén un topónimo con bastante presenza. Podemos atopalo en Cabeiro, Negros, Cedeira, Reboreda, Trasmañó e na propia vila de Redondela.