O Lago Morto
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O lugar denominado Lago Morto forma parte da praia Vella ou praia do Rabiño, no monte da Telleira. Refírese á zona máis recollida da praia Vella, onde o mar se remansa protexido pola barra de area que rodea esta punta do monte da Telleira. A palabra lago provén do latín lacu 'lago, estanque'. A outra palabra que forma parte da composición do topónimo provén do latín mortu, participio verbal do verbo latino morire. A palabra Lago fai referencia ao estancamento da auga do mar que se produce neste lugar pola pouco fondura que hai, e a palabra morto refírese ao pouco movemento da auga nesta paraxe marítima.