O Gurgullón
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Gurgullar é nacer auga da terra formando gurgullas ou burbullas. O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) recolle a palabra gurgullo e gurgullón para denominar estes lugares onde brota a auga. O topónimo Gurgullón presenta un sufixo aumentativo rematado en -ón. Para algúns autores podería derivar do latín gurgulione. Hai outros estudosos que a consideran unha variante da palabra burbulla. Para outros autores sería unha palabra onomatopeica (palabra que imita o son da auga ao burbullar) relacionado co gurgullar dos mananciais, e proveniente do latín tardío gurga 'pantano' e gurgulione 'borbollón'. Esta palabra existe na nosa lingua baixo diversas formas: gorgollón, gorgullón, gurgullón. En Redondela atopamos o topónimo O Gorgullón en Cedeira e Chapela. En Galicia atopamos outras variantes toponímicas para estes abrollamentos de auga como Gorgoso, Gurgueiro, Gurgusiño, Gurgulliños, Gurguillón; Gorguillón, Gorgolo, Goroliño, Gorgolón, Gorgullo etc.