O Foro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

A palabra foro provén do latín forum, co significado orixinal de espazo público romano onde tamén se realizaban actividades de administración legal.

O foro, na actualidade, entendémolo como un tipo de contrato esencialmente agrario de longa duración ou mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben ou terra a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas (DRAG).

Este tipo de contrato comezou a realizarse no século XII e estivo en vigor ata o século XX, durou máis de oitocentos anos. Empezou sendo un contrato feudal de vasalaxe e foi evolucionando cos séculos ata chegar a converterse nun contrato agrario.

Foi abolido en 1926, despois de anos de loitas agrarias que comezaron a finais do século XIX.

A conservación da memoria dos foros na toponimia é indicativa da importancia histórica que tiveron. No noso concello podemos atopar este topónimo nas parroquias de Cabeiro e Cedeira.

En Galicia están rexistrados arredor de douscentos cincuenta topónimos con esta denominación.