A Fonte de Ribas / Arribas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo nomea unha fonte próxima ao río Pexegueiro. No inventario municipal de fontes do concello aparece coa denominación de fonte de Arribas. Este topónimo, en principio, podería proceder do latín RIPA "ribeira", motivado pola súa proximidade ao río. Tamén levan a denominación e Arribas os terreos que están nas proximidades do río. A ponte que atravesa o río neste lugar aparece nos mapas do concello de Redondela como ponte de Arribas. En Galicia aparecen máis de cincocentos topónimos baixo calquera das dúas formas. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, aparece rexistrado un topónimo Fuente de Jote (Xote) que pode referirse a esta fonte, por ser a única que existe neste lugar de Xote.