A Ferreira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O topónimo Ferreira semella derivar do latín FERRARIA "mina de ferro", á súa vez un derivado do substantivo FERRU "ferro". Pode indicar a profesión dos antigos propietarios ou habitantes do lugar, un oficio relevante na Idade Media e nos séculos posteriores e que conformou tamén un dos gremios máis importantes; ou tamén pode referirse a un lugar de extracción de ferro ou tamén á composición máis ferruxinosa das pedras que compoñen o terreo. En Quintela existen dous lugares coa denominación masculina e feminina en plural: Os Ferreiros, As Ferreiras. Coto Ferreiro é o nome dunha mámoa neolítica situada nunha elevación na estrema do monte comunal de Trasmañó e Caveiro con Candeán. En Galicia é un topónimo bastante frecuente. Están recollidos máis de mil lugares con diversas variantes. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.