Os Eidos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

O topónimo Eido refírese ao terreo que arrodea a casa e que conforma a propiedade do predio. Normalmente contén a casa, as construcións anexas, os patios e unha zona de horta para cultivos variados. De aí que o topónimo que tamén existe en Cesantes denominado A Veiga do Eido faga referencia a un campo de cultivo que está dentro dun eido. A palabra eido provén do latín ADITU "engadido", participio do verbo ADIRE "engadir", como referencia ao terreo que envolve a casa. O topónimo Eido tamén vai acompañado normalmente de palabras que particularizan a súa localización, os seus posuidores ou as súas características: Eido do Souto (Quintela), O Eido Novo (Quintela), O Eido da Caseira. En Galicia existen centos de topónimos por todo o territorio que conteñen a palabra eido, a maioría deles concentrados na provincia de Pontevedra. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.