O Coto
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Un coto é parte máis alta dun monte ou promontorio, que presenta normalmente unha forma cónica. A orixe deste topónimo está na base prerromana COTT "pico, elevación". Sobre esta base derivaríanse outros topónimos como Cotarelo, Cotiño, Picoto, Piricoto, Cotarón etc. Fai referencia a lugares elevados. Non debe confundirse con Couto, que provén co latín CAUTU "protexido, defendido" e que faría referencia a lugares delimitados (couto de caza, couto de pesca). En Galicia, dada a súa orografía, están rexistrados varios milleiros de topónimos coa forma Coto e derivados. En Redondela tamén contamos con varios topónimos en diferentes parroquias: O Coto (Cabeiro, Cedeira, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde, O Viso), Cotarel, Cotiño e Pericoto (Cedeira), Cotarelo (Vilar de Infesta). No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.