O Convento
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo, localizado no barrio do Coto, preto do lugar de Agrelo, fai referencia a un edificio que así se denomina aínda na actualidade: o convento franciscano de Santo Antonio de Vista Real de Agrelo. A palabra convento provén do latín CONVENTU "reunión, asemblea, congregación", formada a partir do verbo CONVENIRE "convir, reunirse", que provén, á súa vez, da unión da preposición latina CUM "conxuntamente" co verbo VENIRE "vir". O Convento de Agrelo ten as súa raiceiras monacais na illa de San Simón, onde está rexistrada a existencia dun asentamento dos franciscanos pascualinos a principios do século XVI, a ?custodia de los pascualinos de San Simón?. Os asaltos do pirata inglés Drake a finais deste século, provocan o abandono da illa por parte da comunidade franciscana. Rematado o perigo pirata, estes monxes regresan á illa a comezos do século XVII. Durante uns cen anos, ata 1702 en que ten lugar a batalla de Rande, os franciscanos permanecen na illa; mais os continuos saqueos que sufriu a illa a partir desa data provocan a decisión de construíren outro convento fóra da illa, no lugar de Agrelo. En 1746 establécense no novo edificio que hoxe pode verse baixo a denominación actual de O Convento. Uns anos máis tarde, en 1809, este convento foi atacado polas tropas invasoras francesas, o que provocou a morte de varios monxes. O remate final da ocupación conventual foi en 1836 debido á desamortización de Mendizábal. Co paso a mans privadas, dedicouse a granxa de porcos e diversas plantacións ao longo do tempo (viñedos, froiteiras, árbores variadas e, nos últimos, anos tamén kiwis). Na actualidade a propiedade é empregada como escola hípica.