A Cavada
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Esta palabra provén do latín CAVATA, participio do verbo CAVARE "cavar". A base léxica estaría na forma CAVUS, que significaba en latín "cavidade, oco". É un topónimo bastante presente en toda Galicia. As cavadas teñen a súa orixe nos terreos incultos de monte ou matogueiras que se preparan -cavan- para o cultivo. Cando as necesidades de aumento de plantacións obrigaban a gañar novos terreos para o cultivo, cavábanse para poñelos a producir. Isto tivo lugar sobre todo a partir da chegada de novos produtos tras a conquista de América, principalmente as patacas e o millo. Rotea ou Arrotea, Cachada, Rozada, Cavada, Vesada, Estibada, Asucada? son topónimos que conservamos na actualidade relacionados coas diferentes formas de chamarlle a ese traballo agrícola. En Redondela temos varios lugares nomeados con este topónimo ou derivados: Cavada (O Viso, Cedeira, Reboreda), Cavadiña(s) (Cedeira, Negros, Saxamonde, Vilar, Trasmañó). No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.