Catapeixe



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Catapeixe está situado nunha zona costeira da parroquia elevada sobre o mar. Desde esa altura divísase perfectamente o traballo dos mariñeiros e a entrada e saída de barcos de pesca. O topónimo consta dunha palabra composta por dous elementos: catar + peixe. O verbo catar provén do latín CAPTARE "capturar, coller". Este primeiro sentido do verbo foi evolucionando ata ser aplicado tamén aos sentidos (vista, gusto, olfacto?). Nos textos medievais aparece regularmente co significado de ollar, vixiar, mirar? Este antigo significado da palabra aplicado ao sentido da vista perdeuse na actualidade e hoxe en día aplícase a outros sentidos. A segunda parte do topónimo, a palabra peixe, procede do latín PISCIS, que á súa vez está relacionado cunha raíz prerromana *PEISK. Esta composición coa primeira parte da palabra co verbo catar aparece noutros topónimos galegos como Cataboi (Vigo), Catabois (Ferrol, Catatrigo (Baleira), Catadouro ?miradoiro? (Moaña)... Catapeixe xa aparece rexistrado en Cesantes en documentación do século XVI e no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763.