O Castañal



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Un castañal é un lugar poboado de castiñeiros. É un topónimo construído sobre a base castaña, do latín castanea, e o sufixo -al, que lle engade un significado colectivo, como ocorre noutros topónimos como Toxal, Carrascal, Piñeiral ou Carballal.

O termo latino castanea desenvolveu directamente o nome da árbore na palabra castaño, que existe no noso idioma, así como en portugués e en español; aínda que a forma máis estendida para designar a árbore é castiñeiro. En Galicia, a maiores das formas castaño e castiñeiro, tamén aparecen castañeiro e castiro.

En Cesantes temos máis topónimos derivados da castaña como Castiñeiros (Outeiro das Penas), Pedras do Castañal (San Pedro) ou a Fonte do Castiñeiro (Outeiro das Penas).

En Redondela tamén atopamos o topónimo Castañal en Cedeira, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde ou Vilar de Infesta.

No resto de Galicia están rexistradas preto de dúas mil formas toponímicas derivadas da palabra castaña. Antes da chegada das patacas das Américas, a castaña era un froito base na nosa alimentación.