A Caringosta
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Esta é unha das variantes que presenta a palabra ?congostra?: camiño de carros estreito e fondo, que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo. Congostra provén do latín via congusta ?camiño estreito?. É curiosa a formación desta palabra co prefixo con- e que só temos neste caso. Relacionada con ela temos ?angosto? e mesmo ?angustia? e derivados. A base léxica latina de todas estas palabras estaría no verbo angere ?estreitar, apertar, oprimir? ao que se lle engadiría o sufixo latino -ustus.
No noso concello tamén atopamos as formas Quirincosta (Quintela e Cabeiro) e Quiringosta (Ventosela e Saxamonde).
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, aparece rexistrado un topónimo baixo a denominación da Congrosta.