A Canteira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Esta palabra nomea lugares onde existe ou existiu actividade de extracción de pedra, que tanta importancia tivo na elaboración de todo tipo de construcións humanas como casas, muros, camiños, peiraos etc. Canteira deriva da palabra "canto" co significado de pedra. A súa orixe é incerta. Con este significado, para algúns autores pode ter unha orixe prerromana. A terminación -eira / -eiro, de procedencia latina, engádelle ás palabras diferentes significados. Neste caso concreto, fai referencia a lugares onde se atopa algo (pedreira, leñeiro, galiñeiro?). Relacionado con canteira temos tamén o topónimo Pereiro, Pereira e Pedreiro, Pedreira. Estas formas son máis abundantes no noso concello ca a palabra canteira. En ocasións, o topónimo Pereiro, Pereira pode referirse á árbore que dá peras, dependendo do uso ao que foron destinados os terreos nomeados desta maneira.