O Cañoto



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Un cañoto ou canoto designa o talo de certas plantas ou a parte do talo que queda pegada á raíz despois de cortar unha planta ou unha árbore. Deriva, probablemente, do latín CANNA, ao que se lle engade o sufixo latino -OTA. En galego, tanto o masculino como o feminino dinse de forma maioritaria con ñ: cañoto, cañota. O paso da forma con n á forma con ñ puido deberse a un castelanismo, como ocorre con Caniza, Cañiza. En Cesantes atopamos outro lugar denominado A Canota. En Redondela atopamos o topónimo As Cañoteiras en Vilar de Infesta. En Galicia a forma recollida predominante en masculino e feminino é Cañoto, Cañota. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.