Canota



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Unha canota ou cañota pode designar un castiñeiro moi vello co tronco oco ou a raíz grosa de calquera árbore vella. En masculino temos as palabras canoto ou cañoto para designar o talo de certas plantas ou a parte do talo que queda pegada á raíz despois de cortalo. Deriva, probablemente, do latín CANNA, ao que se lle engade o sufixo latino -ota. En galego, tanto o masculino como o feminino dinse de forma maioritaria con ñ: cañoto, cañota. O paso da forma con n á forma con ñ puido deberse a un castelanismo, como ocorre con Caniza, Cañiza.