Os Campos Abertos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Este topónimo ten a súa orixe no latín CAMPU. As palabras campo, leira e veiga son as máis comúns para designar o lugar de plantación que rodea as casas e lugares. No noso concello campo é un dos topónimos máis numerosos. A segunda parte da palabra fai referencia a unha característica do campo, que non son cerrados ou cercados. En Cesantes atopamos diversas formas do topónimo Campo: como diminutivo Campiño, ou en composición con outras palabras como Campo do Medio (localización con respecto a outras propiedades), Campos da Ribeira (localización nun espazo determinado), Campo dos Frades (relación de propiedade). Por outros lugares de Galicia atopamos variantes como Campelo (tamén diminutivo), Campeliño (con dobre sufixo diminutivo), Camposa, Campocelo, e en innumerables composicións como Campo da Longra (Cedeira), Campo da Roda (Reboreda), Campolongo, Campochán? No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo como O Campo Aberto.