A Bouza Fría



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

O topónimo Bouza é moi abundante en Galicia, con milleiros de aparicións por todo o noso territorio. Aparece baixo numerosas variantes (Bouzón, Bouciña, Boucela, Boucella, Boucido? ) e en formas compostas (Bouza Fría, Bouza Longa, Bouza Boa, Bouciña Redonda?). Non obstante, a súa orixe é controvertida e incerta. Hai autores que lle atribúen unha orixe prerromana e outros unha orixe latina. Nos documentos medievais a forma máis habitual é Baucia ou Bautia. A palabra bouza fai referencia a terras incultas con vexetación de matogueiras ou monte baixo. O adxectivo "Fría" que acompaña a palabra refírese a ese aspecto negativo atribuído a este tipo de terras. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.