Os Barreiros
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo denomina os lugares onde existe barro. A palabra barro posiblemente sexa prerromana. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ARIU. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. Os Barreiros é a zona da praia de Cesantes que se atopa entre o peirao e a Marina. Unha zona do areal, pouco apta para o baño, con abundante barro que a xente mesmo empregaba para estender polas pernas ou o corpo..No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.