Barreiros



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Este topónimo denomina os lugares onde existe barro. A palabra barro posiblemente sexa prerromana. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ARIU. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. No caso da palabra que nos concirne, barreiro, o sufixo -eiro engadiríalle un significado locativo, de lugar onde se atopa algo, como en canteira, pedreira, fronteira etc. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.