A Barreira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Esta palabra pode ter dous significados distintos. Por unha banda, pode referirse ao barro como arxila ou lama; por outra banda, pode ter un significado relacionado con obstáculo natural do terreo. Co significado de arxila, a palabra barro posiblemente sexa prerromana. Co significado de barreira, desnivel do terreo, procedería da palabra "barra", como obstáculo. Neste caso, para algúns autores, a orixe estaría no latín medieval. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ARIU, -ARIA para calquera das dúas acepcións. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. No caso da palabra que nos concirne, barreiro ou barreira, co significado de barro, o sufixo -eiro e -eira engade sentido de lugar topográfico onde existe barro; co significado de obstáculo o sufixo -eira tamén lle engadiría un significado locativo, de lugar onde se atopa ese obstáculo. Este mesmo topónimo está rexistrado en Quintela e en Reboreda referido a lugares onde se atopa barro. En Galicia o topónimo Barreira aparece recollido en máis de mil douscentos lugares, para calquera dos dous significados. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.