Agrelo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo é un derivado diminutivo da palabra agro, que ten a súa orixe no latín AGRU. A esta base léxica engadíuselle o sufixo diminutivo latino -ELLU. Agrelo, polo tanto, facía referencia, nun principio, á existencia neste lugar dun agro pequeno. O sufixo -elo, -ela deixou de empregarse na Idade Media para expresar o diminutivo dunha palabra e foi substituído polo sufixo -iño, que é co que hoxe en día se constrúen os diminutivos das palabras. A antigüidade do topónimo Agrelo evidénciase así, xa que, se fose posterior á Idade Media, se denominaría Agriño. En Cesantes temos outros topónimos antigos construídos con este sufixo -elo, como O Barcelo ou A Rochela. Este lugar de Agrelo xa aparece rexistrado en documentos de comezos do século XVI.