O Igrexario



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Igrexa, do latín vulgar ECCLESIA "asemblea, reunión de fieis", refírese á igrexa, centro de reunión dos fregueses á hora da misa. Neste caso estamos ante un derivado, Igrexario. Como curiosidade, as evolucións patrimoniais galegas comúns a partir de ECCLESIA son, con ou sen artigo, Eirexa, Eirexe, Irexe, Irexa, Grixa, Airexa, Airexe, comúns na toponimia galega. O Igrexario é un lugar situado entre o barrio de Quinteiro e o de A Costeira, mais que se sitúa lonxe da igrexa parroquial. Pode facer referencia a terras que lle pertenceron a esta institución.