O Pozo da Mo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

Unha poza é un pequeno depósito de auga que se forma nas fochas do terreo cando chove, tamén é unha especie de encoro pequeno e pouco fondo. Igual que o masculino pozo (do latín PUTEU), o feminino poza aplicase tamén a calquera depresión, natural ou creada polo home, que se enche de auga por efecto das chuvias ou dalgún manancial. Mo vén do latín MOLA, cuxo resultado común en galego é moa, mais na Galicia suroccidental ofrece o resultado , igual ca en portugués. Na toponimia, o nome de moa ou aplícase con frecuencia a elevacións ou prominencias no terreo (habitualmente penedos) que teñen forma semellante a unha moa ("peza dentaria").