A Horta



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo común horta provén do latín HORTUM. Referencia unha terra próxima á casa onde se cultivan diversos legumes, verduras e hortalizas. En Vilar de Infesta, por unha banda, encóntrase A Horta, xa aparecida no Catastro de Ensenada como "Sitio da Orta". Como unha localización do lugar no que se atopa xorden As Hortas de Abaixo, no barrio da Millarada, das que en 1756 temos constancia da existencia das "Ortas de Arriva" e pola que é probable que se formara pola existencia deste modificador localizador "de arriba" co seu oposto "de abaixo".