Lavadoiro do Muíño do Porto



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Lavadoiro (do latín LAVATORIUM) designa a "pedra plana ou táboa colocada á beira dun río, dunha pía etc., sobre a que se lava a roupa" (dicionario da Real Academia Galega). Segundo Cabeza Quiles, o sufixo -oiro (< latín -ORIU) emprégase, unido a un verbo (neste caso lavar), para nomear aqueles lugares nos que se realiza a acción descrita polo verbo (así, parladoiro, rapadoiro...).