A Fonte do Outeiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

O substantivo común fonte é moi común na toponimia e procede do latín FONTEM. Navaza afirma que no nomenclátor de Galicia son cerca de cincocentas as localidades que conteñen no seu nome este substantivo ou un derivado, e na toponimia menor é igualmente moi abundante. Para a voz outeiro, esta pode provir do latín hispánico *ALTARIU, voz derivada de ALTUS "alto", aínda que tamén podería ser un derivado medieval do romance outo co sufixo -eiro, mais refírese a unha elevación do terreo.