Camiño do Redondo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

O substantivo camiño "vía que comunica dous ou máis lugares" é moi abundante na toponimia galega e remite a unha forma *CAMMINU, voz de orixe céltica introducida no latín. A maioría dos nomes están formados polos lugares que circundan os camiños e que aparecen explicados na súa correspondente entrada. A denominación das vías públicas no medio rural resulta problemática pola falta de correspondencia entre as novas realidades urbanas e os espazos tradicionais. En moitos casos de todo o territorio galego existen confusións por erros na rotulación, polo que ás veces hai que distinguir entre a denominación de sempre a considerada oficial. No nomenclátor de Redondela aparecen algunhas veces distintas denominacións ás recollidas. A forma que presenta o topónimo adoita ser (o) camiño + de (+ artigo) + nome.