A Grela



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O nome agrela é un diminutivo de agra formado polo sufixo -ela. Este topónimo emprégase para referirse a unha extensión de terreo de cultivo de pequeno tamaño en relación coa agra.Segundo sinala Gonzalo Navaza n´A toponimia de Catoira o a- inicial do nome agrela amalgama o artigo feminino dando lugar ao topónimo A Grela pero é unha falsa segmentación á vista da súa orixe etimolóxica. Esta formación xa se recolle no Catastro de 1756 onde se referencia "A Grela", "A Greliña" (reduplicación do diminutivo), e como segundo formante do topónimo "As Coutadas da Grela".