A Foz



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

Segundo o dicionario da Real Academia Galega o substantivo feminino foz designa un "paso estreito entre montes, val estreito" ou ben, un "sitio onde un río entra no mar ou noutro curso de auga". Dado que no Catastro de Ensenada de 1756 se rexistra Foz como unha terra de regadío, é probable que garde máis concordancia coa segunda acepción.