Fixón
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
O topónimo é un derivado de foxo (en latín FOVEU, "concavidade do terreo"). A aparición do [i] débese a unha alteración da vogal pretónica por contacto coa consoante palatal. É posible que este topónimo se explique pola existencia dun foxo grande. Tamén se debe considerar a posibilidade de que a orixe sexa un foxo construído dedicado á caza do lobo, como sucede noutros topónimos existentes en Galiza. Hai que distinguir o Fixón, do barrio da Millarada, do Fixón de Arriba e O Fixón de Abaixo, do barrio da Igrexa.