A Veiga de Rosende



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Os topónimos A Veiga fan referencia a un "terreo baixo, amplo e fértil xeralmente ás beiras dun río" ou a un "terreo de cultivo". Vén do substantivo veiga, considerado unha voz prelatina, crese que a orixe de veiga hai que buscala no ibero VAIKA "veiga", de VAI "río" e o sufixo -KA "rexión do río" ou na expresión (TERRA) *(I)BAIKA "terreo á beira dunha corrente de auga", emparentada coa voz vasca IABAI "río". Como sucede no caso de val, non é doado saber se a aplicación toponímica obedece a unha acepción topográfica ou apunta cara a unha "propiedade rústica situada nese espazo".