O Campo da Longra



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Cruceiro
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O nome deste lugar vén da voz campo (do latín CAMPUS "chaira"), que significa "superficie extensa de terra máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo" (dicionario da Real Academia Galega). Este último significado que relaciona a voz campo cun lugar dedicado ao cultivo é, segundo indica Corominas, unha innovación romance. En canto a O Campo da Longra, o adxectivo latino LONGA "longa" e o sufixo átono -ARA de orixe prerromana forman o nome de lugar Lóngara(s). Este, coa perda da vogal postónica, convértese en Longra(s), referido a unha ou varias leiras caracterizadas pola súa forma alongada.