Campos de Solís



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O nome deste lugar vén da voz campo (do latín CAMPUS "chaira"), que significa "superficie extensa de terra máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo" (dicionario da Real Academia Galega). Este último significado que relaciona a voz campo cun lugar dedicado ao cultivo é, segundo indica Corominas, unha innovación romance. O máis probable é que Solís se trate dun alcume referido ao coronel Miguel Solís, líder da sublevación liberal de 1846.