Contixe



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Santo Paio de Abaixo
DA PARROQUIA DE
Reboreda

Este topónimo é único en Galicia entre a toponimia maior. Coñécese outro Contige situado preto de Viseu (Portugal). A súa orixe é un antigo nome persoal Contigus ou Contigius (de posible orixe xermánica), que tivo uso hai un milenio pero que pronto deixou de empregarse. Polo tanto, o topónimo indícanos que este lugar foi propiedade dun individuo así chamado.