O Cargadeiro de Mineral
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira
A palabra cargadeiro procede de cargar, en latín vulgar CARRICARE, derivado de CARRUS "carro". Co nome derivado cargadeiro (carregadeiro) desígnase o "lugar destinado á carga e á descarga de mercancías" (dicionario da Real Academia Galega). O Cargadeiro de Mineral atópase ao pé do mar e ten unha estrutura moi característica. Pola beira destes cargadeiros pasa o tren. O Cargadeiro de Mineral pertencía á empresa "Minero Siderúrgica de Ponferrada, S. A." e empregábase para embarcar ferro, que chegaba por tren procedente de Coto Wagner (en Ponferrada), e carbón das minas de Larciana e O Bierzo. Estes minerais eran exportados a outros países, como Inglaterra e Alemaña. A estrutura está formada por tres plataformas metálicas unidas a terra por unha cinta transportadora. A proximidade das vías do tren permitía que os vagóns envorcaran o mineral na explanada onde se atopa o cargadoiro que cesou a súa actividade a mediados dos anos 70.