Os Lagos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Aldea
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O topónimo Os Lagos é un plural de lago, do latín LACUS e fai referencia de maneira transparente a varias masas de auga doce permanentes ou temporais, que puideron estar asociadas a unha pequena corrente fluvial. Os Lagos, situado no barrio de Aldea, fai referencia a un terreo no cal tamén se sitúan a Fonte dos Lagos e o Lavadoiro dos Lagos e por onde o pasa o Camiño dos Lagos.