As Cavadiñas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
É unha forma do participio do verbo cavar (do latín CAVARE, que á súa vez deriva de CAVUS, "oco"). Con este nome desígnase unha terra roturada; é dicir, un terreo gañado ao monte para o seu cultivo. Os Pés da Cavadiña, dividido polo Camiño de Pedro Morto, no Catastro de Ensenada xa se recolle a segunda parte do topónimo, "De Cavadiñas", pertencente a unha terra de labradío. Así mesmo, tamén se menciona unha "Cavada da Vella" como monte e devesa que actualmente parece estar en desuso.